top of page

cores & patróns

A semente de Pampillo Store agromou pequena e salvaxe, así como brotan da terra as flores desta planta, sen maior pretensión que a de xogar con cores e patróns durante unha pandemia.
 

En xullo do 2020 convértese oficialmente nun proxecto de arte miúda que mestura creación e esencia galega a través do deseño gráfico e da fotografía, servíndose da colaxe dixital para a exploración artística da identidade.

Dende aquela vén medrando devagar nunha aldea do rural como marca autoxestionada por Theresa P. Lousame.

bottom of page